APRAZADA! 10ª Carreira Solidaria “Móvome Pola Paz” 2026
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

O próximo venres 30 de xaneiro de 2026 ás 12h00 teremos a 10ª edición da Carreira Solidaria “Móvome pola Paz”. Un acto solidario ao redor dunha carreira non competitiva, onde a meta é recadar o maior número de alimentos e produtos de primeira necesidade para doalos ao Banco Municipal de Alimentos do Concello de Ames.

Este ano, dada a situación de Emerxencia en Gaza (Palestina) tamén recadaremos fondos económicos para enviar a través da Axencia das Nacións Unidas (UNRWA)

Polo dereito da infancia a vivir e medrar libre e sen guerra.

Como Colaborar ?

1.- BANCO MUNICIPAL DE ALIMENTOS. Desde o luns día 26 podes deixar na entrada do CEIP de Barouta alimentos e produtos de primeira necesidade.

2.- EMERXENCIA EN GAZA. Temos talonarios de 10 rifas para recadar fondos para enviar a Nacións Unidas. Se estás interesada en colaborar, escríbelle á titora da túa filla/o (por axenda, Abalar ou e-mail) para que llo entregue na aula.

3.- CARREIRA. Ven correr, camiñar ou pasear con nós o día 30 ás 12h00. Anímate!

ORGANIZA

CEIP DE BAROUTA
AFA BAROUTA

PATROCINA

CONCELLO DE AMES
GALITIMING
GRAFINOR
HOSPITAL VETERINARIO MEDIA LÚA
ADDOMO
BIOSBARDOS
FEIRACO – CLUN
FROITAS BARREIRO
GASOLINEIRAS CASALONGA
GADIS
DOARTESANATO
NON NO NOSO NOME
AMAVILAB
LERIA LIBROS
XEA
ACCIÓN CONTRA A FAME
CARLÍN AMES
LIBRARÍA BANDINI
FROIZ

 

GRAZAS!

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.