Damos a benvida un ano máis ás xuntanzas do Club de Lectura “As Malas Mulleres”, dirixido a familias, profesorado e comunidade que gusten da lectura e lles apeteza desfrutar dunha tarde de conversa e debate arredor da mesma.
Comenzamos o mércores 26 de novembro coa novela “O azul entre o ceo e a auga” de Susan Abulhawa, unha obra que conta a historia dunha familia palestina a través de diversas xeracións de mulleres e que explora temas que van desde a dureza do conflicto, o exilio e o desarraigo ata a esperanza, a resiliencia e a búsqueda da propia identidade.
Recorda que haberá servizo de ludoteca gratuíto para facilitar a asistencia.
Anímate a participar!

