1º Premio Proxecto Educativo Innovames 2024 | CEIP de Barouta

Comprácenos anunciar que por segundo ano consecutivo, o proxecto presentado polo noso centro, gañou a II Edición dos Premios de Innovación Educativa Innovames que se celebrou o 26 de xaneiro no pavillón de O milladorio.

Felicitamos a tódolos centros participantes polo traballo feito e polos interesantísimos proxectos que compartiron.

O CEIP de Barouta presentouse co proxecto MeteoBarouta, que xa leva anos funcionando no centro, pero que no actual curso deu un salto cualitativo no referente ao uso de tecnoloxías innovadoras como é a emisión de datos en tempo real á nosa web grazas a unha estación WIFI, a creación dunha APP, e mecanismos automatizados que actúan segundo a lectura e interpretación dos datos.

O alumnado de 4º, preparou unha presentación do proxecto con tódolos detalles dende os seus inicios ata a actualidade. Ensinamos a nosa web renovada, unha versión de proba da APP metereolóxica, e vimos en funcionamento unha maqueta co mecanismo que levantaba unha barreira para deixar pasar o gando segundo a cantidade de luz.

Todo isto estivo na nosa zona de expositores xunto cun plató con croma para dar o tempo metereolóxico, para que as e os visitantes á Feira puidesen velo e utilizalo en primeira persoa recibindo as explicacións do alumnado de Barouta.

Por outro lado, as alumnas e alumnos de 5º tamén asistiron á feira, onde visitaron as exposicións e participaron nos obradoiros de realidade aumentada e robótica. Toda unha experiencia!

Foi unha xornada na que o pasamos moi ben e aprendemos cousas novas, e este recoñécemento anímanos a seguir traballando neste e noutros proxectos do centro.

Grazas a todas e todos!

Imaxes do alumnado de 4º

Imaxes do alumnado de 5º

Ver máis Imaxes

Video do programa Hora Galega (TVG) na que sae o noso alumnado:

Fonte orixinal: https://agalega.gal/videos/119524-clip-hora-galega-26-01-2024/

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.