Escoitar artigo (Voz: Jenni) |
É para nós un pracer , compartir a ledicia de que por terceiro ano consecutivo o CEIP de Barouta recibira este venres 7 de marzo o 1º Premio Proxecto Educativo Innovames 2025.
Ao igual ca noutras edicións, o alumnado de Barouta, neste caso o alumnado de 6º de Primaria, presentou un proxecto innovador baseado no traballo diario que se está a facer no colexio.
Este premio é para nós un recoñecemento a unha maneira de traballar e de entender a educación a través da aprendizaxe baseada en proxectos, donde as alumnas e alumnos de Barouta son as e os protagonistas da súa propia aprendizaxe, dende un punto de vista inclusivo, igualitario e innovador, adaptándonos aos tempos actuais.
Este premio conta ademáis cun recoñecemento económico de 1.500€ que nos van a axudar para o desenvolvemento de diferentes proxectos tecnolóxicos no centro.
Nesta edición presentamos o desenvolvemento da nosa aplicación PetiscAPP.
PetiscAPP aprende das imaxes que lle facilitamos e é capaz de recoñecelas para asocialas a un audio onde se dan recomendacións alimentarias froito do traballo realizado previamente na aula.
Esta APP de alimentación saudable, basease nos datos e traballos que todo o alumnado leva facendo dentro dos diferentes proxectos de alimentación saúdabe e dieta atlántica. Este curso, o noso PDI leva por nome “Paparouta” e está adicado a tódolos aspectos que teñen que ver coa alimentación. Tamén estamos a traballar, dentro do programa europeo Jean Monnet, a importancia da Dieta Atlántica.
Foi unha xornada moi enriquecedora onde tivemos a sorte de ver as propostas presentadas por outros centros aos que querenos felicitar tamén polo estupendo traballo que fixeron.
Noraboa a todas e todos!
Queres probar PetiscAPP?
Aquí che deixamos os arquivos e un pequeno titorial en vídeo de como facelo.
Descargar arquivos de configuración (debes descomprimir o zip)
Unha vez o teñas configurado pon un alimento, dos das imaxes que se engadiron, diante da cámara e dalle ao botón :PetiscAPP darache unha recomendación alimentaria segundo o alimento detectado.
CEIP de Barouta na TVG:
Fonte orixinal vídeo: https://www.agalega.gal/videos/226009-hora-galega-10-03-2025
Imaxes do evento:
Referencias:
miña mais sincera e agradable felicitación, por éste premio, para o colexio, direccion, profesorado, e loxicamente para o alumnado de 6º, do que son avó dunha alumna, e que sirva de exemplo, e desafío, pos siguintes grupos de alumnos/as, que se veñen acercando o 6º curso, pensando tamén en manter o alto nivel e prestixo de colexio.
Moitas grazas polas felicitacións J.A.N.
Seguiremos traballando con máis gañas e ilusións se cabe.
En Barouta temos un alumnado excelente e queremos darlle a oportunidade de que o demostren, tal como fixeron neste caso en Innovames.