25 N – Eliminación da violencia contra as mulleres [2023]

Como cada ano, estamos preparando a xornada do 25 N.

Para nós, esta data é unha das máis importantes para dar visibilidade e ter conciencia de todo tipo de violencia que as mulleres están a sufrir no día a día: emocional, económica, vicaria, laboral, institucional, sexual, …

Dende o Equipo de Igualdade temos unha proposta de traballo moi relacionada co PDI que estamos a desenvolver este curso: “Barouta ao pé da noticia”.

Recollemos e analizamos diferentes noticias nos medios de comunicación para ver o tratamento machista, cunha linguaxe non axeitada e en moitos casos sensacionalista que se lle dá ás noticias relacionadas coa violencia contra as mulleres. É un traballo de análise e reflexión crítica que estamos a desenvolver en tódalas aulas.

A análise exténdese máis alá dos titulares e tamén imos traballar con imaxes que representan a violencia machista.

O equipo de reporteiras do 25 N está preparado e traballando estes días para empezar a recopilar información sobre a xornada e para posteriormente manternos informados de como se desenvolveu.

Dende RadioBarouta imos facer un podcast no que gravemos os titulares machistas e a continuación a súa reinterpretación obxectiva do que realmente aconteceu.

Xa para rematar, teremos un pequeno acto de centro no que todas e todos daremos visibilidade ás 52 mulleres asasinadas ata o de agora no que vai de ano: “Póñome nos teus zapatos”, un par de zapatos por cada víctima da violencia machista.

Proposta 25N “O machismo mete medo. o machismo mata“:

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.