* No momento de escribir esta entrada, tivemos que actualizar xa os datos con dúas mulleres máis asasinadas nesta fin de semana.
O 25N é unha xornada moi importante a nivel mundial e europeo e, como non podía ser doutro xeito en Barouta, conmemoramos o “Día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres” e adherímonos á campaña #nonhaiexcusas da ONU e a UE.
A igualdade é un valor universal e dende a Unión Europea plásmase na Estratexia para a Igualdade de Xénero 2020-2025 sendo un dos seus obxectivos fundamentais poñer fin á violencia de xénero. Cremos que nisto xoga un papel fundamental a educación e é por iso que en Barouta nos comprometemos cada día para que isto sexa posible.
Deixámosvos aquí o manifesto que se leu e o vídeo que se elaborou co traballo que cada aula fixo ao longo da semana.
Hoxe reivindicamos o día da eliminación da violencia contra as mulleres. Hai moitas mulleres no mundo, no estado, en Galicia, en Ames, aquí que seguen a sufrir violencia polo feito de ser muller. O machismo segue matando cada día… cada 11 minutos morre no mundo unha muller por causa da violencia machista. No estado dende o 2003 Morreron un total de 1286 mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas.
Todas, todos, todes queremos compartir un mundo libre de machismo, un mundo onde poder primeiro VIVIR e facelo libres, sen medo, en igualdade de dereitos. Pero esta balanza non poderá equilibrarse mentres o machismo siga matando, mentres unha soa muller morra por selo.
Nós podemos dende aquí dende o noso día a día cociñar o bo trato, mudar o cercano para intentar transformar o mundo, porque cada grelo fai o caldo.
O asasinato é a forma de violencia contra as mulleres máis extrema máis existen outras moitas, das que a miúdo non somos conscientes. Para poder cambiar a realidade o primeiro que debemos facer é darnos conta de que ingredientes podres, de violencia engadimos a nosa convivencia, e botalos ao lixo para que deixen de danarnos e cheirar. E podemos tamén encher a nosa despensa de sementes de bo trato, compromisos reais que nos permitan cada día sementar e cociñar o bo trato, e convertirnos todas e todos en referentes.
E agora que sabemos cales son as violencias imos tirar con elas ao lixo, tiralas de verdade e comprometernos co bo trato enchendo a nosa despensa coas nosas sementes, cos compromisos de respecto e coidado que farán que o machismo non medre en nós.
En Barouta comprometémonos hoxe e sempre a seguir cociñando o bo trato. Ferva o bo trato!!
Esta foi a canción que se escoitou antes do menifesto, feita polo alumnado de Baouta na aula de música.
Canción: “Xuntas”
Este foi o vídeo que se fixo co traballo realizado nas titorías.
E aquí vos amosamos un pequeno vídeo resumo do acto:
Referencias:
Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.