A Escola dels Encants é un centro público de educación infantil e primaria de Barcelona, situado na zona das Glòries. Nace vinculada á transformación urbana do barrio e ao traballo conxunto entre administración, profesorado e familias, inaugurándose no seu edificio actual en 2015.
A súa liña pedagóxica baséase nun modelo participativo e comunitario, no que o alumnado é protagonista da súa aprendizaxe. Promóvese a convivencia, o diálogo, a toma de decisións compartidas e a implicación activa das familias, cun enfoque centrado no desenvolvemento integral, social e emocional dos nenos e nenas.
Desta visita trouxemos ideas para implementar no noso centro, entre ellas as “Caixas de Aprendizaxe” as cales compartiremos nesta web cando estean en funcionamento.
Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.

















