8ª Carreira Solidaria “Móvome Pola Paz” | CEIP de Barouta

O próximo martes 30 de xaneiro ás 12h00 teremos a 8ª edición da Carreira Solidaria “Móvome pola Paz”. Un acto solidario ao redor dunha carreira non competitiva, onde a meta é recadar o maior número de alimentos e produtos de primeira necesidade para doalos ao Banco Municipal de Alimentos do Concello de Ames.

Este ano, dada a situación de Emerxencia en Gaza (Palestina) tamén recadaremos fondos económicos para enviar a través da Axencia das Nacións Unidas (UNRWA)

Polo dereito da infancia a vivir e medrar libre e sen guerra.

Como Colaborar ?

1.- BANCO MUNICIPAL DE ALIMENTOS. Desde mañá podes deixar na entrada do CEIP de Barouta alimentos e produtos de primeira necesidade.

2.- EMERXENCIA EN GAZA. Temos talonarios de 10 rifas para recadar fondos para enviar a Nacións Unidas. Se estás interesada en colaborar, escríbelle á titora da túa filla/o (por axenda, Abalar ou e-mail) para que llo entregue na aula.

3.- CARREIRA. Ven correr, camiñar ou pasear con nós o día 30 ás 12h00. E se podes vir antes para axudar a encher as bolsas cos agasallos que lle damos ás corredoras/es, vémonos ás 9h30!

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.