9ª CARREIRA SOLIDARIA “Móvome pola Paz” | 30 XANEIRO 2025 – 12h00

O próximo xoves 30 de xaneiro de 2025 ás 12h00 teremos a 9ª edición da Carreira Solidaria “Móvome pola Paz”. Un acto solidario ao redor dunha carreira non competitiva, onde a meta é recadar o maior número de alimentos e produtos de primeira necesidade para doalos ao Banco Municipal de Alimentos do Concello de Ames.

Este ano, dada a situación de Emerxencia en Gaza (Palestina) tamén recadaremos fondos económicos para enviar a través da Axencia das Nacións Unidas (UNRWA)

Polo dereito da infancia a vivir e medrar libre e sen guerra.

Como Colaborar ?

1.- BANCO MUNICIPAL DE ALIMENTOS. Desde o luns podes deixar na entrada do CEIP de Barouta alimentos e produtos de primeira necesidade.

2.- EMERXENCIA EN GAZA. Temos talonarios de 10 rifas para recadar fondos para enviar a Nacións Unidas. Se estás interesada en colaborar, escríbelle á titora da túa filla/o (por axenda, Abalar ou e-mail) para que llo entregue na aula.

3.- CARREIRA. Ven correr, camiñar ou pasear con nós o día 30 ás 12h00. Anímate!

 

ORGANIZA

CEIP DE BAROUTA
AFA BAROUTA

PATROCINA

CLUN – FEIRACO
GRAFINOR
GALITIMING
BANDINI LIBRARÍA
LERIA LIBRARÍA
BIOSBARDOS
CARLÍN BERTAMIRÁNS
HOSP VET MEDIA LUA
VAGALUME PELLET
ADDOMO ARQUITECTURA
CABANIÑAS DO BOSQUE
TÓMATE MÁS FRUTA
FROIZ
GADIS
ÉZARO EDICIONES
GASOLINEIRA CASALONGA
XUNTA DE GALICIA
CONCELLO DE AMES
XUNTANZA DE EMPRESARIOS/AS DE AMES

GRAZAS!

 

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.