O noso centro, como cada curso, presentou varios proxectos para a solicitude de contratos programa nas súas dúas liñas: CP Innova e CP Inclúe.
A participación nos Plans de Mellora posibilita a inclusión, no Programa Anual, de dinámicas e proxectos que nos axudan a camiñar na consecución do centro escolar que queremos ser e ofertar á nosa comunidade educativa.
Cremos na importancia de aportar ao noso alumnado experiencias que o conecten coa realidade e o mundo exterior, máis alá dos coñecementos puramente escolares , co obxecto de enfatizar a nosa identidade e autonomía, e partindo dunha reflexión colectiva compartida na comunidade educativa.
Este curso, o CEIP de Barouta conseguiu a inclusión na totalidade dos contratos programa, un total de 10.
Adxuntamos documento PDF coa breve descrición dos contratos programa concedidos e a persoa coordinadora de cada un deles.
Referencias: