Comezamos o mes de setembro con propostas sobre o outono. No ambiente de Arte, as e os nosos artistas están a desenvolver os seus talentos.

Coas castañas recollidas na saída ao monte, fixemos uns caracois moi orixinais.
Noutra sesión, as nenas e os nenos fixeron uns espantallos para decorar o mural de outono.

Tamén empregamos acuarelas para crear estes paraugas e dar a benvida á choiva.




