A Casa do patrón: coñecernos para contarnos.

Terceiro e cuarto de primaria estivemos de visita na Casa do Patrón no concello de Lalín. Alí visitamos o gran museo etnográfico e coñecemos como vivían as nosas antepasadas, como era a vida sen electricidade, cales eran os oficios que se precisaban nese momento… Coñecer de onde vimos fainos máis conscientes de quen somos, da nosa culura e isto ha axudarnos a compartirnos coa escola bretoa coa que estamos a realizar o proxecto “Conexións atlánticas-Limmoù atlantel” do que pronto vos falaremos máis.

Tamén puidemos realizar pan en forno de leña e coñecemos os cereais que se empregan máis comunmente antes e os que se empregan agora. E na Bretaña? pois na Bretaña empregan un cereal especial, o trigo sarraceno un pseudocereal que sementamos na nosa horta… a ver cando podemos degustalo!

Ver imaxes

Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.