A dixitalización na escola. Tema de debate.

Inauguramos este novo apartado no que iremos poñendo artigos relacionados coa educación. Queremos compartir con vós algunhas lecturas que consideramos de interese.

O primeiro contido, que adxuntamos nesta entrada para a súa descarga, está relacionado cun tema moi de actualidade agora mesmo: a dixitalización escolar.

A tecnoloxía é algo inevitable que está presente no noso día a día, e as mestras e os mestres sabemos que xogamos un papel fundamental no seu uso nos centros escolares.

Están xurdindo opinións e movementos, sobre todo dende o ámbito familiar, que cuestionan a dixitalización que se está producindo nos centros educativos.

É un bo momento para o debate e a reflexión sobre esta cuestión, sen achegarnos aos extremos e informándonos ao respecto, tendo en conta que é algo que debemos afrontar como sociedade dende tódolos ámbitos, non só dende o educativo.

Deixamos este artigo para que fagades as valoracións que estimedes oportunas. Nos comentarios podedes deixar as vosas impresións.


Descargar Artigo

Referencias:


2 comentarios en “A dixitalización na escola. Tema de debate.”
  1. Grazas por este xesto, por entrar a conversar do tema. O papel do sistema educativo na capacitación dixital da sociedade é importante, máis certamente é só unha pata das moitas que inciden en como a sociedade vive o mundo tecnolóxico e dixital. “Capacitación dixital” dista moito de “dominar marketing online”, ou “vender(se) en RrSs”. Iso é un máis dos erros da sociedade de consumo, que reduce todo e a todas e sermos produtos de consumo. Ás veces textos coma este que compartides, que tan ben explican todos os contras, as ameazas, todo o negativo, esperta reaccións impulsivas, ou ben de medo (apago todo, desenchufo todo), ou ben de negación (non ha de ser para tanto). Máis evidencias (e anos) levan advertindo do risco directo para a saúde no consumo de ultraprocesados industriais, e non só non baixa a demanda, se non que cada vez parece haber máis oferta no mercado (e máis crianzas diabéticas). Aínda así, o sistema educativo pode informar e agardar que esas mensaxes axuden, a canta máis xente mellor, a tomar mellores decisións para sí e para a sociedade no conxunto. A tecnoloxía está aí, ogallá poidamos axudarnos unhas ás outras a aprender a usala no noso favor, e a non deixarnos consumir por ela. Nin agardar que pola vía normativa e da prohibición se arregle algo. Moitas grazas polo inmenso traballo que estades a facer con esta web e o seu contido.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.