A nosa biblio abre!
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Con motivo da conmemoración do Día das Bibliotecas, o pasado 24 de outubro, por fin chegou un dos momentos máis agardados: a nosa biblioteca abriu as súas portas!

Para celebrar esta ocasión tan especial, este luns 26 tivemos o pracer de recibir no noso cole á escritora Paula Carballeira, que nos agasallou cunha sesión de contacontos chea de historias moi, moi divertidas. Todos os nenos e nenas puidemos escoitar, rir, participar e deixar voar a nosa imaxinación. Foi unha experiencia xenial que nos fixo gozar da maxia das historias compartidas!

E isto non fixo máis que comezar… Estamos desexando visitar a biblioteca ao longo de todo este curso, xa que a partir de agora estará sempre aberta para nós. Un espazo no que poderemos ler, xogar, experimentar, descubrir e, sobre todo, desfrutar.

Que comece a aventura lectora!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.