USAMOS A PALABRA COMO SEMENTE DE PAZ.
No mundo hai uns 50 conflitos armados de gran intensidade activos.
As guerras provocan destrución, dor, morte, medo, perda de dereitos, millóns de persoas desprazadas…
As nenas e nenos queremos lanzar unha pregunta: e se escollemos a paz?
Queremos encher as rúas e a escola de palabras que nos dean voz ás crianzas, que vos fagan pensar. Queremos dicir que é posible. Que entre todas podemos construír un mundo máis igualitario, máis xusto, máis feliz.
Que as sementes da paz son a voz, o coidado, o respecto, a xustiza, a confianza e a unión.
AXÚDASNOS A SEMENTAR, POR FAVOR?
No CEIP de Barouta témolo claro, queremos ser das persoas que sementan paz, que xuntas soñan e constrúen un mundo mellor. Por iso este ano reflexionamos sobre isto no noso PDI: SON DE PAZ
PODCAST
| A cultura de Sudan: |
| A cultura de Palestina: |
| A cultura de Myanmar: |
| O confilto de Sudan. |
| O conflicto de Myanmar: |
| PDI “Son de Paz”: |


























