O venres 8 de marzo celebramos o “Día Internacional das Mulleres 2024” enmarcado no proxecto de centro “Xogar Como unha nena“.
Este foi o manifesto que lemos para inaugurar o acto:
8M día internacional da muller, día de reivindicación dun mundo onde, sexa cal sexa o noso xénero, todas as persoas sexamos iguais en dereitos e posibilidades . Un mundo onde todas poidamos ser, ser o que desexemos ser, ser nas nosas diferencias. Un mundo onde sexamos totalmente libres. Libres para vivir, libres para traballar, libres para folgar, libres para sentir, libres para amar, libres para xogar!
As mulleres traballan no coidado do fogar e das fillas e fillos 15 horas á semana máis cós homes, 370 máis cada ano, é dicir pasan algo máis dun mes máis cós homes coidando e traballando sen cobrar. Hoxe reivindicamos que xa está ben de coidar soas, que queremos xogar e queremos xogar ao noso tamén, que o noso sexa voso e que o voso sexa noso e que non haxa noso nin voso. Só xogar!
Unha vez lido o manifesto, empezamos a xogar nos diferentes recunchos que organizou cada curso, e rematamos cunha canción en conxunto que preparou o alumnado na clase de música.
Cantiga 8M alumnado Barouta:
Marabilloso traballo de todo o alumnado e profesorado.