Acto presentación libro de Haikus – 6º Primaria Barouta.

Este venres 8 de marzo o auditorio de Bertamirans encheuse con familiares, amigos e coñecidos do alumnado de 6º que non quixeron perder a presentación do seu libro de Haikus.

Nun acto presentado por Belén Xestal e amenizado coa actuación do dúo de danza GoPra Performance, contamos tamén coa presencia do alcalde e da concelleira de cultura, así como representantes de tódolos partidos políticos do concello.

A titora do grupo, Oliva, contounos con orgullo como foi o proceso e a importancia que ten para o desenvolvemento integral do alumnado. Facer tarefas escolares e aprender, pode ser un desfrute e dar froitos impresionantes como se demostra neste caso.

Dani e Alonso acompañaron ao alumnado, cando recitaron os poemas, poñendo a música en vivo. Este foi sen dúbida o momento máis emotivo e no que o alumnado chegou ao máis fondo de cada espectador e espectadora que estabamos escoitando con paixón os Haikus que nos recitaron con tanto sentimento.

Queremos lembrar que este libro está á venda por 12 €, e co recaudado vaise financiar a excursión de 6º de Primaria pero tamén quixeron amosar o seu lado máis solidario aportando o 20% das ganancias ao refuxio de animais de Bando.

Vídeo resumo do acto de presentación do libro.

Presentación onde se ven as ilustracións que o alumnado fixo e que acompañan o libro.

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.