Tempo de lectura: < 1 minuto.
Xa podedes consultar na aplicación Admisión Alumnado, ou no taboleiro interior de anuncios do Centro, a lista provisional de admitidas/os para o próximo curso 2026-2027. Lembrade que, por Protección de Datos, non podemos dar información deste proceso por teléfono nin por ningún outro medio.
A partir de agora, e de acordo co calendario que publicamos ao inicio deste proceso, só restaría que, as persoas que resultaron admitidas, presenten a:
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA NOVO ALUMNADO
Curso 2026/2027
Do 20 ao 30 de xuño de 2026
O alumnado que xa está matriculado no Centro non ten que presentar ningunha documentación, renovando matrícula automaticamente.
DOCUMENTACIÓN
- Formulario de Matrícula ANEXO III-1 (asinado)
- DNI das persoas proxenitoras (fotocopia)
- Tarxeta Sanitaria (fotocopia)
- 3 fotografías tamaño carné (co nome escrito no reverso)
- Solicitude de Transporte Escolar (opcional)
FORMULARIOS
Máis información
Horario de Presentación
- Día 20 de xuño: 09h00 – 09h45
- Do 23 ao 30 de xuño: 09h30 -13h00.
Lembrámosvos que o CEIP de Barouta non conta con praza de administrativa/o enviado pola Xunta de Galicia, polo que estas funcións son asumidas pola Secretaría do Centro en función da dispoñibilidade de liberación que poida ter de docencia ou reunións.
De acordo coas instrucións dadas pola Consellería de Educación, as novas matrículas de alumando pódense formalizar online a través da plataforma Admisión Alumnado.

