Xa podedes consultar na aplicación Admisión Alumnado, ou no taboleiro interior de anuncios do Centro, a lista provisional de admitidas/os para o próximo curso 2025-2026. Lembrade que, por Protección de Datos, non podemos dar información deste proceso por teléfono nin por ningún outro medio.
A partir de agora, e de acordo co calendario que publicamos ao inicio deste proceso, só restaría que, as persoas que resultaron admitidas, presenten a:
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA NOVO ALUMNADO
Curso 2025/2026
Do 20 ao 30 de xuño
O alumnado que xa está matriculado no Centro non ten que presentar ningunha documentación, renovando matrícula automaticamente.
DOCUMENTACIÓN
- Formulario de Matrícula ANEXO III-1 (asinado)
- DNI das persoas proxenitoras (fotocopia)
- Tarxeta Sanitaria (fotocopia)
- 3 fotografías tamaño carné (co nome escrito no reverso)
- Solicitude de Transporte Escolar (opcional)
FORMULARIOS
Máis información
Horario de Presentación
- Día 20 de xuño: 09h00 – 09h45
- Do 23 ao 30 de xuño: 09h30 -13h00.
Lembrámosvos que o CEIP de Barouta non conta con praza de administrativa/o enviado pola Xunta de Galicia, polo que estas funcións son asumidas pola Secretaría do Centro en función da dispoñibilidade de liberación que poida ter de docencia ou reunións.

