🎉COMEZAMOS!!!
Benqueridas familias,
Principiou este novo curso e desde a AFA queremos darvos unha cálida benvida e desexarvos un bo curso 2026-2027. Agardamos que estes primeiros días estiveran cheos de ilusión, reencontros e novas expectativas.
Desde a AFA arrincamos esta nova etapa con ilusión renovada e co desexo de seguir fortalecendo a comunidade que facemos entre todas e todos.
Súmaste? (Recorda que si xa tes o recibo domiciliado non fai falla que fagas nada!)
Temos novidades que iremos compartindo convosco nestes primeiros días. Para comezar, ide anotando nas vosas axendas:
Asemblea xeral ordinaria de inicio de curso
📅 Xoves 17 de setembro
🕓 17:00 h (primeira convocatoria)
🕠 17:30 h (segunda convocatoria)
A convocatoria será enviada a través de Abalar.
🪀Para facilitar a asistencia contaremos con servizo de monitorado durante o tempo que dure a asemblea.
Agardamos contar con todas vós!
🔔Xa tedes dispoñible o cadro coa proposta das actividades extraescolares para este curso.
Un agarimoso saúdo!

