O pasado venres 20 de marzo, tras ser adiada polo mal tempo, celebrouse a 10ª Carreira Solidaria “Móvome pola Paz”.
Un ano máis, esta iniciativa non competitiva permitiu recoller alimentos non perecedoiros para o Banco Municipal de Alimentos do Concello de Ames, así como recadar fondos económicos mediante a venda de rifas para enviar a través da Axencia das Nacións Unidas (UNRWA).
Todo isto non sería posible sen a colaboración das entidades que nos acompañan e fan realidade este proxecto. A todas elas, o noso máis sincero agradecemento polo seu compromiso e apoio: Addomo, Amavilab, Biosbardos, Carlín Bertamiráns, Clun-Feiraco, Concello de Ames, Doartesanato-Cabañitas, Froitas Barreiro, Froiz, Gadisa, Galitiming, Gasolineira Casalonga, Grafinor, Hospital Veterinario Media Lúa, Libraría Bandini, Libraría Leria e XEA (Xuntanza de Empresarios de Ames).
Este ano contamos tamén coa presenza de Natalia e Leticia de Acción contra a Fame, Isabel Rey Sastre, en representación da Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas, e Ibrahima Diamanka, en calidade de padriño da carreira. Todas e todos eles achegaron o seu testemuño e contribuíron a visibilizar o importante labor que desenvolven no seu día a día. Grazas pola vosa xenerosidade!
Grazas igualmente a toda a comunidade educativa pola súa implicación, e moi especialmente ás nenas e nenos participantes, que demostraron unha vez máis o seu entusiasmo, solidariedade e bo facer.
MOITAS GRAZAS A TODAS POR PARTICIPAR!

