Bo día familias,
O pasado xoves celebrouse en Barouta, como cada ano desde fai xa 9, a carreira solidaria da paz, unha carreira non competitiva onde a meta é recadar alimentos e productos de primeira necesidade para doalos ao Banco Municipal de Alimento do Concello de Ames.
Este ano é o primeiro ano da nova directiva da asociación e queremos expresar o noso agradecemento a tódalas entidades que colaboraron con nós:
- A Feiraco, Froiz, Gadis, Galitiming, Tómate más Fruta, Carlín Bertamiráns, Grafinor, Gasolineira Casalonga, Leria libros, Biosbardos, Librería Bandini, Cabaniñas do Bosque, Hospital Veterinario Media Lúa, Ézaro Ediciones, DistriSantiago, Vagalume Pellet, Addomo arquitectura, VSC Farma, Xuntanza de empresarios de Ames e Concello de Ames por axudarnos a encher de productos as bolsas coas que agasallamos ás crianzas e adultas participantes, por axudarnos a preparar o espazo físico da carreira, que ben podería ter sido o dunha carreira “oficial”, e polas doazóns que permiten sufragar o custo do evento e axudar a quenes máis o precisan.
- Á Axencia Galega de Calidade Alimentaria, AGACAL, por achegarse á escola a xogar coas crianzas, ensinándolle o valor dos productos galegos de calidade e proximidade e por agasallarlles xogos e publicacións propias da entidade.
- Ao Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, CRAEGA, por doarnos unha gran cantidade de libros e materiais para repartir entre as máis pequenas, e sobretodo pola doazón de 800 Kg de alimentos ecolóxicos certificados de Galicia ao Banco de alimentos municipal.
Por último, o noso agradecemento vai tamén para todo o claustro de profesorado do CEIP de Barouta por organizar esta carreira e axudarnos ás familias a transmitirlle ás nenas e nenos a importancia da solidariedade e de compartir con quen máis o precisa, e para tódalas familias socias e non socias que xa colaborastes ou ás que aínda o estedes facendo, doando alimentos e animando ás vosas fillas e fillos a vender rifas para colaborar con quen máis o precisa (lembrade que esta semana segue aberto o prazo para entregar alimentos e tamén para recoller talonarios para a venda de rifas).
MOITAS GRAZAS A TODAS POR PARTICIPAR!
Referencias: