Neste curso, tivemos a sorte de contar con alumnado de prácticas. Ana e Eloy son dous alumnos do Grao de Mestra/e, e Sonia estivo facendo as prácticas do Grao de Educación Social.
Dámoslles as grazas pola súa compañía e polas aportacións que fixeron.
Aquí vos amosamos os traballos que nos deixaron.
Eloy preparou varias propostas artísticas para Ed. Infantil que culminaron coa montaxe da ExpoBarouta na entrada da escola. Tendes máis información na bitácora de infantil.
- Nanas de Saint Phaille
- Elaboración de portadas de discos
- Segni Mossi
- ExpoBarouta
- Propostas artísticas – Descargar en PDF.
Sonia, estivo acompañándonos nas actividades de centro e axudou na elaboración de diferente material no Departamento de Orientación.
Ana traballou no PDI “Barouta ao pé da noticia” co alumnado de 1º de Ed. Primaria. Despois de preparar diferentes temáticas, textos, gravación, edición, etc… o resultado foi o vídeo que vos poñemos a continuación.