A semana previa ao Samaín, no ambiente cooperativo traballamos varias propostas relacionadas con esta temática.
A través de tres recantos, o alumnado de 1º e 2º ciclo, desenvolveu tarefas para chegar a acordos e expoñer oralmente as súas propostas.
Proposta 1: relacionar diferentes personaxes do Samaín con espazos nos que poderían habitar e posteriormente xustificar esa elección.
Proposta 2: elaborar un borrador para expoñer de xeito oral unha historia con diferentes personaxes, espazos e situacións, en función da súa data de nacemento e letra inicial do seu nome.
Proposta 3: construir unha casa encantada a partir de diferentes partes e estancias, e posteriormente mediante a elección de dous elementos relacionados e escollidos ao chou (obxectos <-> estancias ) ubicalas nos espazos da casa.
Un momento lúdico para traballar en grupo, entre moitas outras cousas, a oralidade, a creatividade e o razoamento lóxico.

