Ambiente cooperativo – Os dereitos da infancia e o calendario anual Barouta.
Tempo de lectura: 2 minutos. 

No ambiente cooperativo fixemos unha proposta relacionada co PDI e co novo calendario que se está a facer dende o EDLG para este ano 2026 que entra.

Partindo dos dereitos da infancia e de xeito asembleario, vimos os diferentes tipos de calendario que hai: escolar, anual, de mesa, de parede, de eventos, marcapáxinas, …

Traballamos de xeito cooperativo en pequenos grupos mixtos mediante a elección libre das propostas polas que tiñan que pasar tódolos grupos. Dentro de cada grupo podían asignar entre eles funcións ou tarefas.

Antes de empezar as propostas, presentouse o material e os recursos que tiñan á súa disposición: como  diferentes tipos de calendarios e as axendas do colexio que se usan diariamente na aula.

Logo, introducimos o tema dos dereitos humanos da infancia mediante asemblea que desenvolveu o propio alumnado de xeito autónomo.

Asemblea:

Un alumno ou alumna fixo de moderador/a e fomos vendo os dereitos do alumnado, xerando debate, dúbidas e propostas. Unha vez vistos e comentados tódolos dereitos, fixemos un pequeno debate con preguntas relacionadas con eses dereitos.

Propostas calendario:

  1. Eventos e aniversarios. O alumnado debía completar un calendario anual cos meses que faltaban e logo poñer o seu nome no mes en que celebraban o seu aniversario e algún evento ou acontecemento que ocorre nese mes.
  2. Calendario dos dereitos. O alumnado debía completar os meses do calendario anual e logo poñer en cada més un dereito dos que falamos previamente. Podían chegar a acordos sobre porque elexían poñer determinados dereitos nun mes en concreto.
  3. Estacións do ano, con pistas. Partindo duns debuxos, había que poñer o nome da estación e colorealos, pero razonando porque consideraban que ese debuxo correspondía a esa estación en concreto. Tamén había un xogo de pistas para averiguar que meses correspondían a cada estación.
  4. Como é un mes…  Partindo dunha plantilla para elaborar un mes había que seleccionar un mes dun ano en concreto e completalo para ver que cada mes ten os días dispostos de diferente xeito.

Ver Imaxes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.