Amuleto espanta medos
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

A proposta para o Samaín no ambiente OBRADOIRO consistiu en facer un AMULETO ESPANTA MEDOS. As crianzas recolleron no monte castañas,landras,sementes de eucalipto e na horta prantas aromáticas coma menta, romeu e lavanda. Escollemos un cadrado de tea que nos gustaba e metendo os ingredientes fixemos o amuleto. Ademais tamén aprendemos un conxuro e pendurámolo do noso amuleto.

Trasgos, bruxas e Santa Compaña

levo un amuleto con romeu e castañas

e contra mouras e sacauntos

eucalipto e lavanda…fuxide defuntos!

Premede AQUÍ para ver fotos do proceso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.