O día 15 de febreiro celebrouse o día mundial da loita contra o cancro infantil. Este día foi establecido no ano 2002 pola Organización Internacional de Cancro Infantil. Esta organización esta constituída por 177 entidades locais e nacionais en máis de 9 países dos 5 continentes.
Dende o CEIP de Barouta quixemos aportar o noso gran de area para contribuír a darlle visibilidade a esta enfermidade e unirnos á petición de que haxa un maior investigación e medios para todos os nenos e nenas que están a pasar por esta situación. Tamén lles quixemos amosar o noso apoio, tanto a eles/as coma ás familias, e facer un agradecemento público a todas as persoas que se implican para que este proceso sexa o máis levadeiro posible.
Manifesto lido polo alumnado:
Mañá, día 15 de febreiro, celébrase o día internacional do cancro infantil. A conmemoración deste día pretente concienciar sobre esta enfermidade e sensibilizar á poboación acerca dos desafíos que enfrontan estes nenos e nenas e as súas familias.
Hoxe todo o alumnado de Barouta levamos postos estes lazos dourados con mensaxes de apoio para dicirlles aos nosos compañeiros e compañeiras que estamos aquí para acompañalos e acompañalas. Asi mesmo queremos darlle visibilidade a esta doenza e promover unha maior investigación para mellorar os tratamentos e a calidade de vida destes nenos e nenas.
Compañeiros e compañeiras que estades a pasar por esta situación, agardamos que vos chegue a cada un e cada unha de vós o noso agarimo e que consigamos debuxar un sorriso nas vosas facianas.
Unha aperta forte!
O alumnado de 3º ciclo está a elaborar coxíns en colaboración coas familias para regalar as nenas e nenos con cancro en colaboración con ASANOG.
Ver Imaxes
Referencias:

