Hoxe vivimos unha nova xornada de aprendizaxe na nosa biblioteca escolar. O alumnado voluntario de 5º e 6º de Primaria foi o encargado de amosarlle a todo o cole o funcionamento da biblioteca e explicarnos todo o que precisamos saber para facer un bo uso dela.
Grazas ás súas explicacións, aprendemos como está organizada, onde podemos atopar os libros que nos interesan e cales son as normas que debemos seguir para coidar este espazo tan especial.
Agora xa estamos preparados e preparadas para gozar da nosa biblioteca!




