Arrancamos PLANEA para este curso 2026-2027.
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Arrancamos #PLANEA neste segundo curso dos tres que nos vai acompañar en Barouta.

O grupo motor e Olga, do nodo de mediación Rexenerando, tivemos unha xuntanza este xoves para marcar as liñas de traballo, tendo en conta as reflexións e obxectivos acadados no curso anterior.

Xa temos algunha idea á que aínda temos que darlle forma. Xa vos contaremos! O que si temos claro é que vos vai encantar.

Neste curso, haberá artistas residentes e faremos diferentes intervencións co alumnado, ademáis dalgunha formación que nos dea ferramentas e recursos para traballar dende as aulas. Iremos creando pouco a pouco a nosa caixa de recursos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.