ARREDOR DA HORTA! COMEZAMOS!
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

ARREDOR DA HORTA: XUNTANZA COAS PERSOAS VOLUNTARIAS

Este mércores tivemos a primeira xuntanza coas persoas voluntarias que van a participar na organización e preparación das actividades relacionadas coa horta neste curso escolar. Lamentablemente, non puideron asistir todas as persoas implicadas, pero o encontro serviu para poñer as bases da organización do traballo, a difusión dos coñecementos arredor da horta, os procesos a seguir, os cultivos a plantar e a forma e momentos de participación das persoas voluntarias co alumnado dos cursos interesados en facer uso da horta neste curso.

Agradecer a boa disposición das persoas voluntarias e por prestarse a participar nesta interesante actividade interxeneracional na que as persoas adultas e con experiencia no mundo da horta poidan transmitir eses coñecementos ás crianzas e interactuar con elas dentro do propio espazo para a plantación.

As actividades iniciais centraranse en preparar o terreo dos bancais, arrincar as herbas e abonar para, posteriormente, comezar a plantación de produtos que poidan resistir nesta época do ano. Valoráronse tamén a construción de pequenos invernadoiros, o proceso da compostaxe (ver diferentes propostas) e a realización de sementeiros que poidan despois ser plantados nos diferentes bancais.

Consideramos moi produtivo este primeiro contacto e agardamos que sexa o comezo dunha actividade que de “moitos froitos” e que poidamos degustalos ou compartilos.

Agradecer de novo ás persoas voluntarias, por acudir ao centro nun día de tormenta e prestarse a esta colaboración.

Ánimo e a seguir colaborando.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.