ARREDOR DA HORTA: PREPARANDO OS BANCAIS
Tempo de lectura: 2 minutos. 

Este mércores 26 tivemos o primeiro encontro de colaboración coas persoas voluntarias que viñeron a axudar aos diferentes cursos a preparar os diferentes bancais para quitar as herbas e as raíces e airear a terra para preparar para a plantación de sementes de cara ao segundo trimestre do curso.

A xornada comezou moi cedo ás 9:00 da mañá onde as dúas persoas voluntarias, que viñeron a axudar cos traballos de preparación dos bancais, traballaron con moito esforzo e ilusión para axudar ao alumnado do curso de terceiro, a retirar as malas herbas, as raíces e a remover e airear a terra para deixala preparada para unha posterior fertilización e poder plantar algunhas sementes en canto sexa posible.

Arredor das 12:15, chegaron as seguintes persoas voluntarias que traballaron co alumnado dos cursos de educación infantil, 1º e 2º. Despois de equiparse e explicar ao alumnado o que ían facer, prepararon os bancais dos distintos cursos. Retiraron as herbas, removeron e airearon a terra para deixalo preparado para a plantación.

O vindeiro proceso será realizar unha cama de follas para manter a humidade da terra, abonar e, no caso de que sexa posible, plantar algunha semente para que vaian medrando e ter despois os primeiros brotes á volta das vacacións de Nadal.

Agradecer de novo ás persoas voluntarias, por acudir ao centro e prestarse a esta colaboración onde puideron interactuar co alumnado e compartir os seus coñecementos con eles.

Aquí deixamos algunhas imaxes do traballo realizado:

Imaxes das familias traballando co alumnado de infantil e primeiro ciclo.

Imaxes das familias traballando co alumnado de 3º.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.