Escoitar artigo (Voz: Jenni) |
Seguimos a traballar as 4R.
Temos un armario para Recuperar materiais que logo se poden Reutilizar ou Reciclar.
Os puntos de reciclaxe nas aulas tamén seguen a funcionar, e nestes días estamos a revisar os colectores para que estén todos dipoñibles en cada aula e noutros espazos do centro.
Pero non nos esquezamos do primeiro paso que é o fundamental: Reducir o uso de materiais. Así que familias, lembrade:
Hai que facer un uso responsable dos materiais e envoltorios que utilizamos, reducindo o consumo de plásticos e envoltorios innecesarios.