As 5 Liberdades do Benestar Animal.

Ao longo do curso 2024-2025, as propostas de aula de cuarto de primaria arredor do benestar animal partiron dun centro de interese do propio alumnado: o desexo compartido de ter unha mascota na aula. A partir desta inquietude inicial, desenvolveuse un proceso de investigación e reflexión arredor das 5 Liberdades do Benestar Animal, das obrigas como titores e titoras recollidas na lexislación vixente e dos dereitos dos animais, achegándonos a unha realidade que tamén se constrúe a nivel europeo.

As experiencias vividas, como a decisión colectiva de optar polo amadriñamento de animais e o encontro cos burros do Fogar do Meu Burro, así como a visita a unha granxa de vacas en Mazaricos, axudaron a comprender que o respecto polos animais, o coidado das súas necesidades e a responsabilidade colectiva son valores comúns que se recollen na normativa europea. Ao mesmo tempo, estas propostas facilitaron o diálogo sobre a produción de alimentos e importancia de tomar decisións informadas e solidarias.

Deste xeito, o proxecto permitiu traballar contidos curriculares ao tempo que se fomentaban valores europeos como o respecto, a cooperación, a responsabilidade e o coidado do común, conectando a experiencia local coa realidade máis ampla de Europa dun xeito significativo e vivencial.

Bitácora de 4º

Contidos Jean Monnet

Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.