Rematamos coa proposta de “Colonias felinas” que iniciamos no Ambiente Cooperativo de 1º Ciclo de libre circulación dos venres.
Aproveitando a circunstancia particular das gatiñas e gatiños que hai no centro, traballamos co alumnado certos aspectos relacionados coa Lei de Protección e Benestar Animal, en especial coas colonias felinas.
O alumnado expuxo os seus coñecementos en común mediante unha asemblea inicial onde falamos de diferentes aspectos do coidado e vida das gatas e gatos tanto domésticos como da rúa.
Para rematar, fixemos varias propostas relacionadas coas manualidades, a oralidade e a creación de textos e lemas.
Elaboramos unhas tarxetas para o voluntariado cunha listaxe de tarefas para o coidado dos gatos e gatas. Tamén fixemos uns carteis que poñeremos na entrada do colexio para advertir da súa presenza. Os carteis levarán un código QR que apunta a un vídeo explicativo que gravou o alumnado.
Ver Imaxes
Referencias:

![As colonias de gatiñas e gatiños – Ambiente de traballo cooperativo 1º ciclo. [Vídeo] As colonias de gatiñas e gatiños – Ambiente de traballo cooperativo 1º ciclo. [Vídeo]](https://www.ceipdebarouta.gal/wp-content/uploads/2025/10/Tarefas-voluntariado-colonias.jpeg)