As últimas do carrete
Tempo de lectura: 2 minutos. 

Familias,

E, case sen decatarnos, chegamos ao final dun curso cheo de aventuras, descubrimentos, aprendizaxes e momentos inesquecibles.

Nesta última publicación queremos compartir convosco unha pequena escolma de imaxes que foron quedando gardadas ao longo do ano e que recollen instantes  da nosa vida na escola. Son fotografías que falan por si soas e que nos lembran que aprender tamén é explorar, emocionarse, crear, investigar, compartir e xogar.

📸 Poderedes ver imaxes da experimentación coas gravadoras de son cando comezamos a descubrir o proxecto “Barulla Barouta”, escoitando con atención os sons que nos rodean e descubrindo que cada recuncho ten a súa propia banda sonora.

🌿 Tamén atoparedes momentos de xogo, observación e descubrimento no patio da escola e no estanque, espazos que se converteron en auténticos escenarios de aprendizaxe ao aire libre.

🧩 Veredes propostas libres ideadas polo propio alumnado dentro dos diferentes ambientes, nas que a curiosidade, a creatividade e a autonomía guiaron cada experiencia.

💡🍃 E, por suposto, non podían faltar as imaxes da diversión e da investigación xogando coa luz, coas sombras, coas follas, cos elementos da natureza e con todos aqueles materiais que nos invitaron a facernos preguntas e buscar respostas.

Cada fotografía agocha unha historia, unha emoción, unha aprendizaxe e unha lembranza que permanecerá connosco moito tempo.

Queremos agradecer, unha vez máis, a vosa confianza, o voso apoio e o acompañamento ao longo deste curso. Grazas por formar parte desta gran comunidade educativa e por camiñar ao noso lado facendo posible que cada nena e cada neno medren nun ambiente de respecto, curiosidade, benestar e ilusión.

🩵 Agora é tempo de descansar, de xogar sen présa, de vivir novas aventuras e de encher a mochila de experiencias para volver con máis ganas ca nunca.

☀️ Desexámosvos un moi feliz verán!

🌻 Vémonos o vindeiro curso con novos proxectos, novos retos e moitísimas ilusións por compartir.

Bo verán, familias! Ata setembro! 💚

As últimas imaxes do carrete

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.