CONVOCATORIA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA ANPA SAN MAURO DO CEIP DE BAROUTA
Estimadas familias:
A xunta directiva da ANPA SAN MAURO convoca ás familias do alumnado do CEIP de Barouta a unha asemblea extraordinaria:
DATA: Xoves 24 de Outubro
HORA: ás 16:00 en primeira convocatoria e ás 16:30 en segunda convocatoria.
LUGAR: Biblioteca do CEIP de Barouta
A orde do día será a seguinte:
- Lectura e aprobación da acta anterior.
- Lectura e aprobación do novo estatuto da ANPA.
- Aprobación do logo coa nova denominación: Asociación de Nais e Pais de Alumnado AFA Barouta.
- Modificación e aprobación do cambio de conta bancaria da asociación.
- Lanzamento da campaña de captación de familias asociadas.
- Rogos e preguntas
DOCUMENTOS ANEXOS Á CONVOCATORIA
Para facilitar a asistencia, haberá servizo de monitorado de balde durante o tempo que dure a asemblea.
Agardamos contar coa vosa asistencia para poder explicarvos polo miúdo o porqué de todas estas cuestións que resultan de gran importancia para que poidamos seguir avanzando.
Saúdos,
A xunta directa da ANPA San Mauro do CEIP de Barouta