Asemblea de Centro Barouta – Setembro 2025. Comunidades de Apendizaxe e Comisións de Traballo.

Empezamos coas asembleas de centro celebrando a primeira o 23 de setembro.

Nela tratamos moitos temas deste inicio de curso e buscamos solucións conxuntas.

Comunidades de Aprendizaxe!

Queremos destacar a proposta para crear “Comunidades de Aprendizaxe”, ofrecéndoche a oportunidade de colaborar a través dunha Comisión de Traballo.

A dirección do centro expón a intención de impulsar, a medio prazo, a posta en marcha das Comunidades de Aprendizaxe.

Estas poderían articularse tanto en formato grupal como individual, e terían como obxectivo favorecer a participación activa das familias e da comunidade educativa.

As persoas interesadas achegarían ao centro coñecementos sobre temas da súa especialidade ou do seu interese, funcionando en coordinación co equipo docente pero con autonomía organizativa.

As propostas poderían estar vinculadas ou non ás liñas de traballo do profesorado.

Algúns exemplos poderían ser: robótica, contorna e horta, biblioteca etc.

* Deixámosvos a Acta da Asamblea que recolleou a AFA para que teñades a información de tódolos temas tratados.

ASEMBLEA DE CENTRO (23-09-2025)

Comisións de traballo:

Queremos contar contigo. Apúntate a unha comisión de traballo no seguinte formulario ou propón unha que consideres. Xuntas e xuntos avanzamos máis e mellor.

    Elixe unha comisión de traballo coa que queiras colaborar.

    - Propoñer, organizar, crear e colaborar nos xogos do patio.
    - Montar materiais, xogos, etc. no patio e na contorna do colexio.
    - Plantar e recolectar productos do horto.
    - Colaborar coa ECOPATRULLA.
    - Preparar o horto para a plantación: quitar malas herbas, abonar,...
    - Facer receitas con productos do horto.
    - Buscar e contactar con organismos e empresas para facer melloras no patio e no horto.
    - Axudar en tarefas de mantemento: pintar, restaurar materiais, aportar ferramentas, buscar xente que poida encargarse das tarefas, coidado da vexetación,...
    - Organizar saídas pola contorna.
    - Dar charlas sobre xardinería, carpintería, plantación, xogos populares, ...

    - Catalogar libros.
    - Empréstamo: axudar na xestión do empréstamo.
    - Buscar e comprar libros de interese para o centro.
    - Restaurar, reparar libros e seleccionar aqueles que non se van a usar.
    - Buscar empresas ou organismos que poidan colaborar coa biblioteca nas súas actividades.
    - Buscar materiais, mobiliario, etc. para a biblioteca.
    - Colaborar na organización do clube de lectura.
    - Organizar espazos da biblioteca, propostas, mover mobiliario, mover libros, crear zonas, ...
    - Dar charlas sobre libros, autores e autoras, temas relacionados coa creación, edición e publicación de libros, banda deseñada, sobre o uso da biblioteca,...

    - Buscar, propor e organizar xogos que fomenten a igualdade.
    - Contactar con institucións, asociacións e organismos que traballan a igualdade para realizar proxectos ou actividades no colexio.
    - Buscar recursos e materiais para normalizar no cotiá a presenza feminina.
    - Buscar dotación para a biblioteca para normalizar no cotiá a presenza feminina.
    - Buscar persoas e asociacións (preferiblemnente mulleres) con competencias interesantes para fomentar as relacións de iguadade e equidade.
    - Buscar, propor e solicitar axudas, premios, concursos, ... relacionados coa Igualdade.
    - Crear documentos informativos (folletos, podcast, contidos web, vídeos...) para a promocionar na Comunidade Educativa a Igualdade, identidade e diversidade sexual,...
    - Axudar na organización e montaxe de eventos relacionados: 25N, 11F, 8M,...
    - Dar charlas sobre temas relacionados coa igualdade.

    - Propoñer solucións, estratexias, recursos para a resolución dos conflictos no centro.
    - Propoñer e organizar xogos que fomenten a convivencia.
    - Propoñer, organizar, montar espazos que fomenten a convivencia.
    - Colaborar na creación e xestión dos patios dinámicos: facer documentación, carteis, solicitudes, buscar financiamento, montar xogos, coordinar xogos,...
    - Facer, axudar e organizar propostas inclusivas para a inclusión de todo o alumnado.
    - Dar charlas sobre temas relacionados coa convivencia.

    - Colaborar na elaboración de materiais en galego: revisar e traducir textos, buscar recursos en galego, ...
    - Axudar na montaxe de eventos do EDLG.
    - Axudar na organización de eventos do EDLG aportando materiais, ferramentas, carrexando,...
    - Dar charlas sobre temas da cultura e o idioma galego: festas típicas, tradicións da zona, experiencias persoais co galego,...

    - Buscar actuacións para os eventos.
    - Montar equipo de audio.
    - Contactar con patrocinadores, Concello e outros organismos.
    - Buscar, ofrecer e carrexar material necesario.
    - Elaborar tripticos, carteis,...
    - Axudar na montaxe o día dos festexos e celebracións.
    - Dar charlas sobre as festas que celebramos, a súa historia,...

    - Analizar e buscar inquedanzas da familia e trasladalas ao centro.
    - Axudar na elaboración da axenda.
    - Elaborar unha revista en papel.
    - Buscar e subir contidos ao repositorio de recursos.
    - Crear e publicar contidos na web ( podcast, artigos,... ) sobre temas de interese para a comunidade: almorzos saudables, matemáticas manipulativas, traballo por proxectos, ecoloxismo, manualidades, xogos en familia, recomendacións de libros, materiais ou visitas a sitios de interese,...
    - Axudar no mantenemento, coidado e reposición dos recursos/elementos comunicativos do centro: espazo radio, cámaras de vídeo, tabletas, ordenadores, micrófonos, material funxible...
    - Asistir ás asambleas de centro para trasladar e recoller inquedanzas, propostas, etc...
    - Organizar ou participar en charlas para o alumnado ou mestres/as e/ou familias de diferentes temas: ENAPA, un chocolate con,...

     

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.