Axenda Escolar Barouta 2023-2024

Aproveitando estes días sen colexio, queremos falarvos da Axenda Escolar de Barouta, que serve de moita axuda a familas, alumnado e profesorado.

A axenda escolar é un elemento que axuda a xestionar o tempo, a organizarse, e fomenta maior autonomía no alumnado.

Imos explicarvos máis en detalle, xa veredes como pode resultarvos moi útil.

Que ides atopar na axenda?

  • Datos do centro. Tódolos datos relevantes que vas precisar para o día a día.
  • Celebracións e eventos destacados. Toda a información que precisades ao longo do curso para estar ao día das celebracións e acontecementos que se celebran a nivel de centro. É unha boa maneira de organizarse durante todo o curso e non perderse ningún evento.
  • Diario. Para facer anotacións cada día da semana e non esquecer nada.
  • Anotacións. Para o intercambio de información entre centro e familia. Podemos intercambiarnos pequenas notas ou mensaxes.
  • Autorizacións do alumnado. Para as autorizacións de saídas puntuais na contorna, xa que nos evita ter que enviar unha autorización en papel (co gasto a maiores que conleva). Tendes as autorizacións podes nas últimas páxinas: “Autorizacións para as saídas do centro

Por todo isto, facemos un recordatorio do seu uso e pedímosvos que a utilicedes como un elemento necesario durante todo o curso. Se creamos un hábito de autonomía onde a nena ou neno fai as súas anotacións ou busca información nela e revisa as anotacións, pois moito mellor.

É importante que o alumnado leve sempre a súa axenda e a revise cada día conxuntamente coa familia.

Con todo isto, os beneficios de usar regularmente a axenda son evidentes. De xeito resumido, axúdanos a mellorar estes aspectos:

  • Capacidade organizativa.
  • Responsabilidade e orde.
  • Xestión do tempo.
  • Autonomía e autoestima.
  • Comunicación co centro.
  • Planificación.
  • Lectura e escritura.
  • Creatividade.
  • Constancia.

Propostas de mellora.

Claro! Todo é mellorable, e durante o seu uso podemos ver cousas que lle faltan, lle sobran, ou se poden modificar.

Ponnos as túas suxestións nos comentarios deste artigo.

Referencias:
Documentos do centro – Axenda Escolar Barouta 23-24 en PDF

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.