Desde hoxe e ata o 20/06/2025 está aberto o prazo para solicitar axudas para Material Escolar para o alumnado de Ed. Primaria que no próximo curso 2025/2026
FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
- Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica [iniciar].
IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma
- Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
- Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
- Especifícase na Orde de convocatoria
- NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
- A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática
MÁIS INFORMACIÓN en FondoLibros da Consellería de Educación
- Manual de usuario
- “Preguntas frecuentes”
- Información na Sede electrónica da Xunta de Galicia
- Manual de usuario para solicitantes
- Enlace ao potal educativo: páxina con listado de librarías e outros establecementos participantes en Axudas Libros (utilización dos vales de libros e material).
Lembrámosvos que o CEIP de Barouta non conta con praza de administrativa/o enviado pola Xunta de Galicia, polo que estas funcións son asumidas pola Secretaría do Centro, dependendo da dispoñibilidade de liberación de docencia ou reunións que poida ter.