BENVIDA CURSO 2026/2027
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Benvidas familias!

Comezamos un novo curso no CEIP de Barouta e facémolo con moita ilusión e con moitas novidades que estamos desexando compartir con vós.

Este ano teremos novos espazos no centro, algúns deles xa preparados para comezar a utilizalos e outros que aínda están en proceso de preparación. Espazos pensados para aprender, crear, experimentar e gozar doutras maneiras de estar e vivir a escola.

E, por suposto, tamén temos por diante moitos proxectos ilusionantes, entre os que destaca a nosa incorporación á Rede de Artes PLANEA, unha oportunidade fantástica para seguir achegando as artes ao día a día do noso alumnado e facer da escola un lugar aínda máis creativo, aberto e conectado coa contorna.

Mañá, ás 9:00 h, teremos no centro a presentación e benvida do novo curso. Será un momento para reencontrarnos, dar a benvida ás novas familias e compartir con vós algunhas das novidades e proxectos que temos preparados para este curso. Estades todas convidadas!

Aproveitamos tamén para informarvos de que desde mañá poderedes recoller os vales de material escolar, en horario de conserxería.

Ademais, xa podedes consultar na nosa web a función que terá o profesorado asignado ao centro para este curso, no apartado O Centro → Profesorado.

Comezamos un novo curso con ganas, ideas e moitos retos por diante. Agardamos compartilos con vós e seguir construíndo, entre todas e todos, a escola que queremos para os nosos nenos e nenas.

Bo curso 2026/2027!

Unha aperta de todo o equipo do CEIP de Barouta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.