Benvidas a un novo curso: 3º!
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Comezamos esta nova aventura con moita ilusión e, sobre todo, con moitas ganas de aprender, compartir e desfrutar xuntos e xuntas de todo o que nos agarda ao longo deste curso.

Nos primeiros días estivemos dedicando un tempo especial a coñecernos, descubrirnos e comezar a formar o noso grupo. Fixemos pequenos xogos e dinámicas de presentación que nos axudaron a aprender un pouquiño máis sobre os nosos compañeiros e compañeiras, compartir gustos e intereses e, sobre todo, pasalo ben xuntos/as.

Tamén aproveitamos eses primeiros días para establecer entre todos e todas as normas da nosa aula, porque para aprender e desfrutar precisamos sentirnos cómodos/as, escoitados/as e respectados/as.

E como non podía faltar, cada neno e nena creou o seu propio cactus personalizado co seu nome. Estes acompañarannos ao longo do curso e servirannos, entre outras cousas, para realizar diferentes dinámicas e escoller de maneira aleatoria quen participa en determinadas actividades.

Ademais, xa tivemos tempo para facer xogos, actividades e pequenos retos na aula, e comezamos tamén a familiarizarnos cos nosos cadernos e materiais, dando así os primeiros pasos na nosa rutina de traballo.

Estas primeiras semanas están sendo só o comezo dunha aventura na que haberá tempo para aprender, investigar, crear, equivocarnos, descubrir, rir e medrar xuntos.

Agardamos compartir con vós moitos momentos especiais durante este curso.

Familias, benvidas á nosa aula!

Ver Imaxes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.