Benvidas, familias! Estreamos nova imaxe

A Asociación de Familias de Alumnado aproba os seus novos estatutos e logo corporativo

Nunha asemblea extraordinaria celebrada este xoves, a Asociación de Familias de Alumnado AFA Barouta deu luz verde a esta nova denominación. Así mesmo, aprobáronse por unanimidade uns novos estatutos máis inclusivos e un logo coas cores corporativas da escola e a asociación, deseñado polo pai dun alumno do centro.

Aproveitamos o encontro para lanzar a campaña de captación de socias. Nos vindeiros días faremos chegar ás familias a información por diversas vías para facilitar que sexades parte activa desta comunidade coa vosa aportación.

ASÓCIATE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.