🎉 Estamos de volta!
Benqueridas familias,
Desde a directiva da AFA Barouta queremos darvos unha cálida benvida ao novo curso 2025–2026 e desexarvos a todas e todos un ano académico cheo de ilusión, aprendizaxe e boas experiencias compartidas.
Como todo bo comezo, esta nova andaina chega cargada de intencións. Seguindo a liña de traballo da escola, os nosos obxectivos para este curso serán, entre outros, impulsar a participación activa das familias, reforzar a igualdade e a inclusión, e fortalecer o traballo e a aprendizaxe en comunidade. Procuraremos crear espazos nos que diferentes xeracións poidan convivir e aprender xuntas, sempre desde o respecto á diversidade, e valorando o entorno privilexiado que nos une.
Que cada persoa se sinta parte activa desta comunidade educativa: valorada, escoitada e incluída.
Úneste a nós?
“Unidas polo entorno, aprendendo en comunidade.”

Temos novidades que iremos compartindo convosco nestes primeiros días. Para comezar, ide anotando nas vosas axendas:
Asemblea ordinaria de inicio de curso
📅 Martes 16 de setembro
🕓 16:00 h (primeira convocatoria)
🕠 16:30 h (segunda convocatoria)
A convocatoria será enviada a través de Abalar.
🔔 Estade pendentes da web e das canles habituais de comunicación para mantervos informadas/os.
Comezamos con forza e moita enerxía! 💪

