Escoitar artigo (Voz: Jenni) |
Un ano máis, quedamos moi satisfeitas e satisfeitos coa acollida que tivo a Carreira Solidaria.
Polo dereito da infancia a vivir e medrar libre e sen guerra.
A cantidade de alimentos doada foi importante e axudará a moitas familias da contorna. E o mesmo pasou coas rifas para Gaza, que se venderon moi ben, o que nos permitirá facer un doativo para axudar á infancia de Gaza que está sufrindo esta terrible guerra.
A carreira, non competitiva, amosou a nosa versión máis solidaria e serviunos para compartir momentos cos colexios invitados: Agro do Muíño, A Maía e as nenas e nenos de Ed. Infantil da EEI de Covas.
Contamos coa visita sempre desexada e agradable de nais e pais, avoas e avós, tías… e todas as persoas cantas se quixeron achegar a compartir e participar.
Como peche da xornada, ademáis do sorteo do lote de xogos e libros, tivemos unhas palabras da presidenta de Médicos do Mundo, sobre a situación da infancia nos conflictos bélicos.
Poñemos un video resumo do que foi a xornada e en breve, na nosa zona de videos, teredes un video máis completo e subiremos tamén algunha imaxe.
VIDEO: Resumo 8ª carreira solidaria.
Referencias: