Bote da calma.
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

En 4º estamos a traballar a unidade sobre “A materia”, para o cal fixemos un bote da calma no que engadimos diferentes materiais coma auga, aceite, témpera, purpurina, pompóns, clips… Facendo especial referencia a que esto é unha disolución e comentamos conceptos como son o disolvente, o soluto e a disolución.
Traballamos ademais conceptos coma a mestura homoxénea e a heteroxénea.
Observamos cousas curiosas coma que o aceite e a auga non se mesturan e falamos de que a densidade do aceite é diferente á auga por iso aínda que axitemos o bote non se mesturan, vimos que cando botamos o colorante, neste caso a témpera, esta mesturouse ca auga e non co aceite.
Foi unha actividade moi entretida que lle gustou moito ó alumnado.

Imaxes e vídeo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.