CALENDARIO “SON DE PAZ” 2026

Prezadas familias:

Desde o EDLG do CEIP DE BAROUTA aproveitamos para desexarvos un feliz ano co agasallo do CALENDARIO “SON DE PAZ”.

O deseño deste calendario parte dunha proposta do EDLG para vincular o PDI “SON DE PAZ” coa Declaración Universal dos Dereitos das nenas e nenos de 1959 e, asimesmo, coa Convención sobre os dereitos das nenas e nenos de 1991 (CDN).

A idea xurdiu da necesidade de denunciar a violación diaria dos dereitos de moitas crianzas en zonas en conflito:Palestina, Ucraína, Haití, Sudán, Afganistán, Siria, India e un longo etcétera.

Para o seu deseño, inspirámonos no fotógrafo dixital turco UĞUR GALLENKUŞ (Estambul 1990) que emprega as súas fotomontaxes como canle de denuncia para que non permanezamos impasibles ante a barbarie.

O alumnado de Barouta traballou sobre algún dos dereitos das nenas e nenos e fixeron a súa fotomontaxe do mesmo. Este calendario, financiado polo Programa Jean Monnet, amosa os resultados.

Podedes ver unha MOSTRA DO CALENDARIO AQUÍ.

No caso de que desexedes facer o pedido dalgún máis, lembrade cubrir o seguinte FORMULARIO ata 18 XANEIRO.

PREZO DO CALENDARIO: 3.50 Mandade os cartos xustos pola vosa filla/o, que pagará en conserxería cando chegue o pedido.

Grazas pola vosa colaboración.

 

Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.