Un ano máis celebramos a nosa Carteleira de Contos, onde as familias colaboran para celebrar o Día do Libro.
Grazas ao traballo do equipo de biblioteca e ao alumnado de 1º, que se adicou a vender as entradas, as nenas e nenos do colexio puideron coller unha entrada para os diferentes espazos onde se fixo a lectura dos libros.
Foi unha ocasión única para que as familias acudisen a compartir as súas lecturas preferidas con todo o alumnado e para que nenos e nenas de diferentes cursos e idades desfrutasen dunha lectura compartida.


