Celebración da 10ª Carreira Solidaria Barouta 2026.
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Finalmente o 20 de marzo celebramos  a 10ª Carreira da Paz que tiñamos aprazada dende o 30 de febreiro por mor do tempo e que está organizada polo CEIP de Braouta e a AFA.

Contamos coa presenza dos centros que habitualmente nos acompañan: o alumnado de 6º de A Mahía e Agro do Muíño, e as unitarias de Covas e Ortoño.

Tamén estiveron Natalia e Leticia de Acción contra a Fame, Isabel Rey Sastre en representación da Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas, e Ibrahima Diamanka en calidade de padriño da carreira, que nos contou a súa experiencia como refuxiado.

A AFA, dada a situación de  Emerxencia en Gaza (Palestina), realizou un sorteo de varios lotes de libros e xogos entre as e os asistentes para recadar fondos económicos para enviar a través da Axencia das Nacións Unidas (UNRWA).

Como representantes do Concello asistiron o alcalde e a a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado.

Referencias:

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.