O venres 23 de febreiro, Día de Rosalía, tivemos diferentes actos para honrar a nosa escritora máis universal.
Na BiblioBarouta, o alumnado do centro de diferentes cursos preparou actividades relacionadas con Rosalía:
- Coñecendo a Rosalía: con datos da súa vida e obra, moitos deles non moi coñecidos.
- Dramatización: o alumnado de 6º preparou unha dramatización do seu poema “A xustiza pola man“, que posteriormente tamén representaron na Gala Rosalía 2024 organizada polo Concello de Ames. Grazas pola participación a Carla, Valeria, Lucas, Brais, María, Iria, Candela, Diego e Amalia alumnado de 6° Primaria. A Oliva, a súa titora, por poñer a voz no poema e a música “Canto de segada” do Cuarteto Caramuxo.
- Rap-Poema Aid: e xa para rematar escoitamos o rap “A xustiza pola man” interpretado por Aid.
Como agasallo, todo o alumnado recibiu un autocolante ao rematar o acto.
Lembrade que tendes toda esta información e moitos máis recursos na bitácora do EDLG: http://i.gal/edlgbarouta
En breve publicaremos un vídeos para que vexades como foi o acto.
Referencias: