Celebramos a Rosalía de Castro a través da arte
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

O Día de Rosalía de Castro, en Educación Infantil quixemos render unha pequena homenaxe a unha das figuras máis importantes da literatura galega. Para iso, o alumnado participou nunha actividade creativa na que a arte e a imaxinación foron as grandes protagonistas.

Partindo dunha imaxe de Rosalía de Castro, as nenas e os nenos elaboraron diversos collages empregando materiais moi variados. A proposta permitiu traballar a expresión artística ao tempo que se achegaban á figura desta autora tan relevante para a cultura galega.

Cada grupo interpretou a imaxe de Rosalía dun xeito único, utilizando papeis de distintas cores, acuarelas, texturas, papel engurrado e outros materiais que deron lugar a composicións moi orixinais. O resultado foi unha colección de retratos cheos de cor, personalidade e creatividade.

Por outra banda, tamén se escribiron unhas palabras de Rosalía que se pegaron na entrada do colexio, dandolle así máis visibilidade ao noso traballo.

Os collages e as palabras de Rosalía que fixemos convertéronse nunha fermosa exposición dentro do centro, mostrando o traballo e a ilusión do alumnado. Deste xeito, celebramos o legado de Rosalía combinando cultura, arte e creatividade.

Parabéns polo traballo!

ver imaxes

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.